29 de xuño de 2015

III GRAN PREMIO AGALCARI

GRUPOS


26 de xuño de 2015

XA TEMOS PROGRAMA

Adiantamos CUATRÍPTICO en catro imaxes para facilitar a descarga e o link público para descargalo en pdf.



DESCARGAR CUATRÍPTICO EN PDF

23 de xuño de 2015

PRETIÑO DAS CEN EMBARCACIÓNS

Estamos moi preto de chegar ás CEN embarcacións inscritas.
A número 95.-EVANGELINA I: impresionante construcción de madeira que data de 1912 e ten casi 19 metros de eslora, 5 metros de manga e 1,65 metros de puntal. Arbolado con dous mástiles construidos ó estilo da época e velas cuadradas, o barco foi desarbolado nos anos sesenta, para ser sometido fai apenas un lustro, a un profundo proceso de restauración, para devolverlle a súa imaxen orixinal.

VER LISTA DE EMBARCACIÓNS

Non vos perdades a nova sección de Audios sobre o ENCONTRO, realizados en RADIOBOIRO
NOVO APARTADO DE AUDIOS-RADIOBOIRO

18 de xuño de 2015

AUDITORIO DO MUSEO DO POBO GALEGO

PRESENTACIÓN OFICIAL DO XIIº ENCONTRO

O vindeiro sábado 20 de xuño ás 12:00 h vai ter lugar no Museo do Pobo Galego a presentación oficial do XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.

Participarán no acto o presidente do Comité Organizador, o presidente da FGCMF, a Conselleira do Medio Rural e o Mar, o Secretario Xeral de Cultura, a Directora da Fundación Centro Artesanía e do Deseño e o Alcalde de Boiro.

Asimesmo tamén estarán presentes no acto o Presidente de Portos de Galicia, a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e representantes do Museo do Pobo Galego

Este acto está aberto a calquera persoa que queira asistir; e nel vaise presentar de forma sintética o XII Encontro, as actividades en terra e no mar e darase unha primeira visión dos participantes, que neste momento está previsto que veñan de Irlanda, Gran Bretaña, Francia, Cataluña, Pais Vasco, Cantabria, Málaga, Croacia, Portugal, e por suposto Galicia.

Animámosvos a todos os interesados no patrimonio marítimo a asistir a esta presentación que marca o inicio da recta final na preparación do Encontro.

E POLA TARDE, NO MUSEO DO MAR DE RIANXO a charla coloquio sobre o Patrimonio marítimo. Podedes ver no cartel que amosamos a continuación, o programa completo (Actividade previa de presentación do Encontro da Mancomunidade Arousa Norte)



Os Concellos que forman a Mancomunidade de Municipios Arousa Norte están a realizar distintas actividades previas ó XII ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA, Cabo da Cruz do 9 ao 12 de xullo.

No Concello de Rianxo desenvolveranse o sábado 20 de xuño, seguindo o seguinte programa:

De 11.00 a 14.00 h Obradoiros mariñeiros e bautismos de mar (con previa inscrición) no Náutico de Rianxo. Información e inscricións, do 11 ao 18 de xuño no Auditorio.

18.30 h Charla- coloquio: “Patrimonio marítimo, usar é conservar”, a cargo de Lino Lema, Pablo Carrera, Xerardo Agrafoxo e Adolfo Muíños no Museo do Mar de Rianxo

20.00 h Concerto “Para ser bo mariñeiro...”, a cargo da Aula de Música Tradicional da Uned-Senior de Rianxo, no patio do Museo do Mar





12 de xuño de 2015

"ACUARIO" TEATRO GAZAFELLO



o EncontroCabo2015 (9-12 de xullo en boiro) non se olvidará d@s pequech@s e terá moitas actividades destinadas a público infantil, traédeos, e veredes como medra o mar
Posted by Centrosocial Boiro on Jueves, 18 de junio de 2015

8 de xuño de 2015

IMAXES DO ACTO DE PRESENTACIÓN E PROXECCIÓN AUDIOVISUAL

ACTO DE PRESENTACIÓN CABO DE CRUZ
Coma sabedes o venres 5 de xuño tivo lugar no Centro Social de Cabo de Cruz o primeiro dos catro actos previos de presentación do Encontro.
O auditorio cheo “ata a bandeira”, refuxia sentimento e algunha lagrimiña de emoción tras ver o documental relatado por Xurxo Souto. Así mesmo, as verbas de José Muñiz, emocionaron, e moi ben, aos presentes dado que fixo un homenaxe as mulleres destes mariñeiros, recoñecendo e deixando latente o mérito que tiñan sobre todo coa crianza dos fillos, exercendo de pai e nai a vez.
Xurxo Souto soubo atrapar a atención do público coa súa música, poesía e os seus toques de humor, conseguindo case ao final do acto, que todo o auditorio cantase con él a “Cantiga de Periquete”. 
De seguido, no andar baixo estaba preparado o salón do baile, onde a diversión estivo garantizada ata as 12:00h. da noite e rematando así todo este acto coa tradicional “estomballada” do Centro Social de Cabo.

28 de maio de 2015

Novas de programación


COMENZAN OS ACTOS
Co motivo de dar a coñecer e presentar o Encontro de Embarcacións, comezamos cas actividades previas:

-  05 de xuño  ás 21:00h .Centro Social de Cabo de Cruz. (Boiro):
  • Proxección Audiovisual do documental: “Cabo-Terranova: Unha ollada dende o Argus”.  Será comentado por Xurxo Souto coas vivencias e anécdotas de mariñeiros que traballaron en Terranova e no Gran sol.
  • Baile do Pobo (de galapara diversión de todos os veciños amenizado por un coñecido DJ.
-13 de xuño 13:00h. Cantón da Leña en Pobra do Caramiñal:
  • ”Aquario” Teatro Gazafellos

-  20 de xuño ás 18:30h. Museo do Mar en Rianxo:
  • Mesa redonda sobre a Etnografía do mar

- 27 de xuño todo o día en STª Uxía de Ribeira:
  • Xornadas de animación infantís ao redor do mar




Xa están programadas as catro rutas de mar:

MEDRE O MAR!

ENCONTRO CABO 2015

PRESENTACIÓN POR XURXO SOUTO DO XII ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS DE GALICIA, VIDEO DE PABLO CHOUZA

Posted by EncontroCabo2015 on Miércoles, 17 de junio de 2015