08/06/2015

IMAXES DO ACTO DE PRESENTACIÓN E PROXECCIÓN AUDIOVISUAL

ACTO DE PRESENTACIÓN CABO DE CRUZ
Coma sabedes o venres 5 de xuño tivo lugar no Centro Social de Cabo de Cruz o primeiro dos catro actos previos de presentación do Encontro.
O auditorio cheo “ata a bandeira”, refuxia sentimento e algunha lagrimiña de emoción tras ver o documental relatado por Xurxo Souto. Así mesmo, as verbas de José Muñiz, emocionaron, e moi ben, aos presentes dado que fixo un homenaxe as mulleres destes mariñeiros, recoñecendo e deixando latente o mérito que tiñan sobre todo coa crianza dos fillos, exercendo de pai e nai a vez.
Xurxo Souto soubo atrapar a atención do público coa súa música, poesía e os seus toques de humor, conseguindo case ao final do acto, que todo o auditorio cantase con él a “Cantiga de Periquete”. 
De seguido, no andar baixo estaba preparado o salón do baile, onde a diversión estivo garantizada ata as 12:00h. da noite e rematando así todo este acto coa tradicional “estomballada” do Centro Social de Cabo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Estás de acordo en non publicar material abusivo, obsceno, vulgar, de odio, ameazante, orientado sexualmente, ou ningún outro que dalgunha forma viole leis vixentes. Se publicases material desa índole o teu proveedor de Acceso a Internet sería informado. O enderezo IP de todas as mensaxes gárdase para axudar a cumprir estas normas. Estás de acordo en que o webmaster, administrador e moderadores teñen o dereito de borrar, editar, mover ou pechar calquer comentario en calquera intre se o consideran axeitado. Como visitante aceptas que toda a información que introduciches sexa almaceada nunha base de datos. Malia que esta información non será proporcionada a terceiros sen o teu consentimento, o webmaster, administrador e moderadores non poden responsabilizarse por intentos de hackers que podan levar a que esta información se vexa comprometida.
Ao comentar, estás aceptando todas estas condicións.

MEDRE O MAR!

ENCONTRO CABO 2015

PRESENTACIÓN POR XURXO SOUTO DO XII ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS DE GALICIA, VIDEO DE PABLO CHOUZA

Posted by EncontroCabo2015 on Miércoles, 17 de junio de 2015