PRESENTACIÓN OFICIAL DO XIIº ENCONTRO
O vindeiro sábado 20 de xuño ás 12:00 h vai ter lugar no Museo do Pobo Galego a presentación oficial do XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.
Participarán no acto o presidente do Comité Organizador, o presidente da FGCMF, a Conselleira do Medio Rural e o Mar, o Secretario Xeral de Cultura, a Directora da Fundación Centro Artesanía e do Deseño e o Alcalde de Boiro.
Asimesmo tamén estarán presentes no acto o Presidente de Portos de Galicia, a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e representantes do Museo do Pobo Galego
Este acto está aberto a calquera persoa que queira asistir; e nel vaise presentar de forma sintética o XII Encontro, as actividades en terra e no mar e darase unha primeira visión dos participantes, que neste momento está previsto que veñan de Irlanda, Gran Bretaña, Francia, Cataluña, Pais Vasco, Cantabria, Málaga, Croacia, Portugal, e por suposto Galicia.
Animámosvos a todos os interesados no patrimonio marítimo a asistir a esta presentación que marca o inicio da recta final na preparación do Encontro.
E POLA TARDE, NO MUSEO DO MAR DE RIANXO a charla coloquio sobre o Patrimonio marítimo. Podedes ver no cartel que amosamos a continuación, o programa completo (Actividade previa de presentación do Encontro da Mancomunidade Arousa Norte)
Os Concellos que forman a Mancomunidade de Municipios Arousa Norte están a realizar distintas actividades previas ó XII ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA, Cabo da Cruz do 9 ao 12 de xullo.
No Concello de Rianxo desenvolveranse o sábado 20 de xuño, seguindo o seguinte programa:
De 11.00 a 14.00 h Obradoiros mariñeiros e bautismos de mar (con previa inscrición) no Náutico de Rianxo. Información e inscricións, do 11 ao 18 de xuño no Auditorio.
18.30 h Charla- coloquio: “Patrimonio marítimo, usar é conservar”, a cargo de Lino Lema, Pablo Carrera, Xerardo Agrafoxo e Adolfo Muíños no Museo do Mar de Rianxo
20.00 h Concerto “Para ser bo mariñeiro...”, a cargo da Aula de Música Tradicional da Uned-Senior de Rianxo, no patio do Museo do Mar