remitimos información da presentación do poemario de Xosé Iglesias "Tranasfusión Oceánica", que terá lugar no
Asteleiro Triñanes (Chazo - Cabo de Cruz) o sábado 12 de
decembro ás 19:00h., agradecendo, por adiantado, a vosa colaboración na
difusión e participación deste programa cultural.
Convídamovos a compartir uns momentos de poesía oceánica neste privilexiado lugar que
son os estaleiros Triñanes, en Boiro.
Gerardo Triñanes cede os seus metros de traballo e súor, para que neles
se conxugue o mar coa fasquía das súas embarcacións de madeira
tradicionais.
As eixolas darán paso ós versos e tamén ás melodías dunha forte promesa
galega que move os dedos no piano como nós as mans na rede. Aida Saco
Beiroa porá a música neste escenario.
Presentará o acto o poeta Paco Souto e contaremos tamén cos poemas de María José Fernández .
Un saúdo
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Estás de acordo en non publicar material abusivo, obsceno, vulgar, de odio, ameazante, orientado sexualmente, ou ningún outro que dalgunha forma viole leis vixentes. Se publicases material desa índole o teu proveedor de Acceso a Internet sería informado. O enderezo IP de todas as mensaxes gárdase para axudar a cumprir estas normas. Estás de acordo en que o webmaster, administrador e moderadores teñen o dereito de borrar, editar, mover ou pechar calquer comentario en calquera intre se o consideran axeitado. Como visitante aceptas que toda a información que introduciches sexa almaceada nunha base de datos. Malia que esta información non será proporcionada a terceiros sen o teu consentimento, o webmaster, administrador e moderadores non poden responsabilizarse por intentos de hackers que podan levar a que esta información se vexa comprometida.
Ao comentar, estás aceptando todas estas condicións.