A organización do Encontro “ vai vento en popa”: xa temos confirmado un
feixe de grupos para participar neste evento, agrupacións folclóricas coma A
Dorniña de Abanqueiro, Fiadeira, Abeloura, Arume, Os da Boina, Xilbarbeira,
Aquel de Aquelar, Nunca é Tarde, Os da volta, As Xoaniñas, Ar de Loureda e o
Ballet folclórico Boirense.
Así mesmo, contamos coa participación e colaboración de asociacións coma AETEMA
ou Olláparo que montarán as súas respectivas exposicións, así coma II Encontro de Palilleiras e Bordadoras CSocc; dentro do apartado de obradoiros e Arte Mariñeiro
temos confirmada a participación de Creaturas e Foro Ecolóxico de Boiro, Creando
con Xeito, Amicos, Ambar e artistas coma Jontxu Argibay, Mónica Rivas e Chicho
Farto.
Tamén prestarán a súa colaboración noutros ámbitos: Barbantia, Asociación
Cultural Borobó, as asociación de bateiros Cabo de Cruz, Amebarraña e a
Boirense, Agadir, o Club Náutico Boiro, Marina de Cabo de Cruz, O club de Xubilados
Terra e Mar, a Cofradía de Pescadores de Cabo de Cruz, a comisión de Festas do
Carme e a Cruz Vermella Local Boiro
No apartado de concertos contaremos co grupo irlandés The Skies e estamos
apuntiño de fichar a Treixadura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Estás de acordo en non publicar material abusivo, obsceno, vulgar, de odio, ameazante, orientado sexualmente, ou ningún outro que dalgunha forma viole leis vixentes. Se publicases material desa índole o teu proveedor de Acceso a Internet sería informado. O enderezo IP de todas as mensaxes gárdase para axudar a cumprir estas normas. Estás de acordo en que o webmaster, administrador e moderadores teñen o dereito de borrar, editar, mover ou pechar calquer comentario en calquera intre se o consideran axeitado. Como visitante aceptas que toda a información que introduciches sexa almaceada nunha base de datos. Malia que esta información non será proporcionada a terceiros sen o teu consentimento, o webmaster, administrador e moderadores non poden responsabilizarse por intentos de hackers que podan levar a que esta información se vexa comprometida.
Ao comentar, estás aceptando todas estas condicións.