29 de set. de 2014

Cabo da Cruz acollerá o XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia en 2015

A Asemblea da FGCMF decidiu en votación que sexa Cabo da Cruz o porto que acolla o XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. As dúas candidaturas que optaban a organizar o XII Encontro, Cabo da Cruz e Combarro, presentaron un proxecto sólido, capaz de levar adiante o Encontro con garantía de éxito. Ambas tiñan moitos aspectos positivos que facían moi dificil a elección. A Asociación Cultural e de Tradicións Mariñeiras "Gamela" presentaba a candidatura de Cabo da Cruz, e o Clube Mariño "A Reiboa" a de Combarro. Ambos proxectos eran viables e ambos prometían un Encontro de calidade. Cabo da Cruz foi o escollido, pero podía ter sido Combarro. Finalmente, parece que nos colectivos da FGCMF pesou o feito de que Cabo da Cruz nunca acollera anteriormente un Encontro para decantarse por esta opción.

Debemos felicitarnos todos do que esta elección mostra, que o movemento a prol da cultura maritima e fluvial está vivo. Que a pesar da situación económica hai colectivos con vontade e capacidade de optar a organizar o Encontro, e que son capaces de movilizar os recursos, entidades, e administracións dos seus portos. Parabéns á Gamela e á Reiboa polo seu excelente traballo.

O ESCENARIO



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Estás de acordo en non publicar material abusivo, obsceno, vulgar, de odio, ameazante, orientado sexualmente, ou ningún outro que dalgunha forma viole leis vixentes. Se publicases material desa índole o teu proveedor de Acceso a Internet sería informado. O enderezo IP de todas as mensaxes gárdase para axudar a cumprir estas normas. Estás de acordo en que o webmaster, administrador e moderadores teñen o dereito de borrar, editar, mover ou pechar calquer comentario en calquera intre se o consideran axeitado. Como visitante aceptas que toda a información que introduciches sexa almaceada nunha base de datos. Malia que esta información non será proporcionada a terceiros sen o teu consentimento, o webmaster, administrador e moderadores non poden responsabilizarse por intentos de hackers que podan levar a que esta información se vexa comprometida.
Ao comentar, estás aceptando todas estas condicións.

MEDRE O MAR!

ENCONTRO CABO 2015

PRESENTACIÓN POR XURXO SOUTO DO XII ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS DE GALICIA, VIDEO DE PABLO CHOUZA

Posted by EncontroCabo2015 on Miércoles, 17 de junio de 2015